A Mesa pola Normalización Lingüística

Presentada en Santiago, A Coruña e Vigo a campaña “Feijóo non merece ser reelixido”

Nin a Radio Galega nin a TVG asistiron a ningunha das presentacións, chegando así a “novas cotas de manipulación informativa”.

Carlos Callón, Susana Méndez, Fran Rei e Xoán Colazo foron os representantes da Mesa que presentaron estes días cara aos medios de comunicación a campaña “Feijóo non merece ser reelixido”, que a asociación está a distribuír nestes momentos por todo o país, “consciente de que nestas eleccións autonómicas nos xogamos moitísimo para o futuro da nosa lingua”.

A entidade agradece a todos os medios que se fixeron eco da noticia, mais “lamenta profundamente” que nin a Radio Galega nin a TVG se interesasen en ningún momento pola iniciativa. “Para a RTVG, todo o que sexa crítica ao PP é censurada ou manipulada”, lamentan desde a asociación.

Carlos Callón anima a que “estes actos de impresentábel censura nos animen a traballar con máis forza para achegarmos a nosa mensaxe á sociedade por riba da mordaza mediática do PP”.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra