Fai a túa proposta e entrarás no sorteo dun lote de produtos cedidos polas empresas de Abertos so Galego!
A Mesa pola Normalización Lingüística convocou a III edición do premio Abertos ao Galego para distinguir unha empresa que faga uso normal da nosa lingua. A Mesa procura a implicación dos socios/as a través da presentación de candidaturas: podedes enviar propostas, que deberán remitirse á sede da Mesa pola Normalización Lingúística (Avenida de Lugo, 2A, Entresollado A, 15702, Santiago de Compostela) ou por correo electrónico (abertosaogalego@amesanl.org) cunha proposta que inclúa o nome e datos de contacto da empresa, xunto cunha explicación da candidatura na cal se incida no uso do galego que se fai desde a empresa candidata.
O prazo de presentación finaliza o 31 de outubro de 2014.
Para incentivar a participación, as persoas que fagan propostas entrarán no sorteo dun lote de produtos cedidos polas empresas de Abertos ao Galego.