Protesta contra a deturpación do nome da Toxa

O grupo da Mesa pola Normalización Lingüística de Pontevedra – O Salnés celebrou esta tarde na entrada da ponte da illa unha concentración de repulsa pola deturpación do topónimo da Toxa, trala celebración dun Foro que fai desta agresión á lingua galega o seu sinal de identidade. A responsábel da Mesa pola Normalización Lingüística de Pontevedra – O Salnés, Sabela Bará, sinalou a vergoña que supón que destacados dirixentes políticos como Feixoo ou Sánchez participen nun evento que fai ostentación de desprezo dos nomes dos lugares de Galiza deturpándoos e hibridizándoos. “É un insulto que ademais incumpre a lexislación que sinala que a única forma oficial e a lexítima, a que galegas e galegos lle dan na súa propia lingua”, indicou. “É vergoñento que 34 despois da aprobación da lei que recoñce a oficialidade única dos topónimos galegos aínda teñamos que mobilizarnos para reclamar o seu cumprimento mais aínda dá máis vergoña que os responsábeis políticos que deben garantir o mínimo pola dignidade de Galiza participen disto“, concluiu.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra