Recollemos neste mapa a localización dos puntos de recollida de sinaturas en físico, co obxectivo de facilitar o labor das persoas que queiran apoiar a petición de que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas.
- A CORUÑA: 10 de novembro ás 11:00h na Praza de Lugo
- A ESTRADA: 25 de novembro ás 11:30h na Praza da Farola
- BECERREÁ: 18 de novembro ás 12:00h diante da Casa do Concello
- CARBALLO: 12 de novembro ás 11:30h na rúa da Coruña
- CEDEIRA: Por confirmar
- COMPOSTELA: De luns a venres na sede da Mesa
- De 08:00h a 15:00h
- FERROL: 15 de novembro ás 10:00h diante do Centro de Saúde Fontenla Maristany (Praza España)
- LUGO: 24 de novembro ás 11:30h na Praza Maior
- MONFORTE: 2 de decembro ás 11:00h na rúa Cardenal
- O CARBALLIÑO: De luns a sábado na tenda OZOCOgz
- OURENSE: 16, 23 e 30 de novembro diante da Sala Valente
- De 16:30h a 20:00h
- PADRÓN: 10 de decembro ás 10:00h na Praza de Abastos
- PONTEVEDRA: 14 de novembro na Praza da Peregrina
- De 12h a 14h e das 17h a 20h
- REDONDELA: 18 de novembro ás 17h soportais do Concello
- RIBADEO: 19 de novembro ás 11:30h na rúa Rodríguez Murias
- VIGO: 10 de xaneiro ás 17:00h diante do Museo de Arte Contemporáneo
- VILANOVA DE AROUSA: Por confirmar
Queres recoller sinaturas físicas na túa localidade ou establecemento? Escíbenos aquí e poñémonos en contacto contigo de volta.