Terá lugar o 11 de maio ás 20:00 horas nos Xardíns do Padre Feixó.
Queremos Galego vai organizar o 11 de maio en Ourense o acto “En favor da lingua que nos une”, que estará presentado polo voceiro da plataforma na cidade, Xosé Lois “o Carrabouxo”.
Actuará tamén a Escola de Música Tradicional Gomes Mouro, haberá lectura de textos e entragaranse os Premios “Camiñando pola Lingua”, cos que Queremos Galego pretende recoñecer o labor de colectivos e persoas no uso e promoción da nosa lingua.
Nesta primeira edición, será recoñecido o traballo colectivo do CPI de Cea, pola elaboración do traballo A Lingua sabe a Pan e o labor incansábel de Xulio César Iglesias na Asociación Amencer.