Queremos Galego participou na tradicional Festa dos Maios de Ourense

Achegamos uns versos das coplas coas que participou Queremos galego na tradicional Festa dos Maios de Ourense, este pasado 3 de maio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Na Xunta gobernan

xa moitos vampiros

á lingua galega

non lle dan respiro.

Non lle dan respiro

porque ao presidente

dálle un arrepío

se ouve barallete.

Se ouve barallete

colle aire marcial

galego non quere

como idioma oficial.

Como idioma oficial

gosta do castrapo

pero isto é normal

señorito ghuapo!

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra