Queremos o Dépor en galego!

A Mesa apoia a iniciativa de accionistas e socios e socias do club coruñés por un Dépor en galego

Ti tamén podes apoialos seguíndoos no twitter @AcorunaRcd e no facebook www.facebook.com/RCDACoruna

A Mesa pola Normalización lingüística colaborará co grupo de accionistas e socias e socios do Deportivo da Coruña que se están a organizar para reclamar unha maior galeguización do club, comezando por corrixir na denominación oficial do equipo e no seu escudo o topónimo da cidade que lle dá nome na súa única forma lexítima e legalmente válida, isto é, A Coruña.

 

Os accionistas promotores da iniciativa e A Mesa acordaron iniciar unha campaña dirixida tanto á directiva do equipo como ao resto de accionistas e ás propias seareiras e seareiros para que aposten por mudar o seu nome oficial a “Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D.” Así, agora que a nova segunda equipación do Dépor leva na camisola a bandeira galega, co grande éxito que tivo entre a afección, ten menos sentido aínda que o continúe a facer cun escudo que non respecta o galego nin o nome da cidade.

 

Ti tamén podes apoialos seguíndoos no twitter @AcorunaRcd e no facebook www.facebook.com/RCDACoruna

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra