Noticias

Queres colaborar connosco no Culturgal?

Un ano máis A Mesa pola Normalización Lingüística estará presente no Culturgal Feira das industrias culturais, e como sempre precisamos a implicación de todas e todos os que poidamos botar unha man eses días en Pontevedra.

A feira celébrase dos días 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Para nos organizarmos agradecémosvos que as persoas que poidades colaborar enviedes un correo á conta xeral da Mesa (amesa@amesa.gal) indicando a vosa dispoñibilidade (ou a de quen puiderdes reclutar) para:

 

– Axudar a montar o posto da Mesa no Culturgal o xoves día 29.

 

– Axudar a atender o posto da Mesa no Culturgal. As quendas van desde as 10:00h. do venres 30, até as 20:00h. do domingo 2. Indicade máis ou menos que quendas preferides.

 

– Axudar a desmontar o posto o domingo día 2.

En función da dispoñibilidade que manifestedes xa cadraremos as quendas, de forma que todas e todos poidamos gozar da feira e que ao mesmo tempo a nosa organización teña a oportunidade de vender material, dar a coñecer a súa actividade e afiliar novas e novos socios que garantan o futuro da Mesa pola Normalización Lingüística.

Para a vosa información A Mesa organiza dúas actividades no Culturgal:

  • Sábado 1 de decembro no Espazo Foro, presentación da Viñeta de Shrödinger ás 17:30h.
  • Domingo 2 de decembro no Espazo Libro, presentación do libro infantil O tempo meteorolóxico ás 13:00h.

Ponte en contacto connosco no enderezo electrónico amesa@amesa.gal ou a través do teléfono 981563885.

Obrigad@s como sempre 😉

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis