A Mesa vai montar un posto de recollida de sinaturas da ILP de medidas para a garantía de dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico nos diferentes actos organizados para o Día da Patria Galega.
Ademais, A Mesa pola Normalización Lingüística contará cun espazo propio no Festigal, na Galería de Asociacións e Organizacións, onde vos agardamos a todas e todos a tarde do 25 de xullo, a partir das 15.00h.
Se vas participar nalgún dos actos e queres colaborar recollendo sinaturas ou botando unha man no posto do Festigal, ponte en contacto connosco no enderezo electrónico amesa@amesa.gal ou a través do teléfono 981563885.