Queres colaborar connosco o Día da Patria Galega?

A Mesa pola Normalización Lingüística contará cun espazo propio no Festigal, na Galería de Asociacións e Organizacións, onde vos agardamos a todas e todos a tarde do 25 de xullo, a partir das 15.00h.

Se vas participar nalgún dos actos e queres colaborar botando unha man no posto do Festigal, ponte en contacto connosco no enderezo electrónico amesa@amesa.gal ou a través do teléfono 981563885.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra