A Mesa pola Normalización Lingüística contará cun espazo propio no Festigal, na Feira das Asociacións, onde vos agardamos a todas e todos a tarde do 25 de xullo, a partir das 15.00h.
Se vas participar nalgún dos actos e queres colaborar botando unha man no posto do Festigal, ponte en contacto connosco no enderezo electrónico amesa@amesa.gal ou a través do teléfono 981563885.