Noticias Noticias da Mesa

Queres colaborar na organización da manifestación do 17 de maio?

Como todos os anos, precisamos da túa colaboración para a distribución e venda de materiais da Mesa ou de Queremos Galego que axuden a financiar os gastos da organización, ou para participares no servizo de orde. Para axudares só tes que enviar un correo electrónico a: amesa@amesa.gal  indicando os teus datos de contacto. Unha vez que teñamos as tarefas distribuídas porémonos en contacto contigo.

Ademais, para a espallar a convocatoria e animar a participar, facemos a seguintes

PROPOSTAS DE ACCIÓN

1) Fala coa xente do teu entorno para informalos e animalos a participar. Ten presente que hai moitas persoas sensíbeis á cuestión ante a política agresiva de Núñez Feixó. Falar, informar e contrastar ideas ao respecto coa nosa xente próxima é, con certeza, o máis importante contributo que podemos facer para evitar que esta agresión continúe, e para que comecen verdadeiras políticas para a plena normalidade da nosa lingua.

2) Envía un Whats app ou sms ao menos a dez dos teus contactos cos que non deas falado en persoa para animalos a que participen e divulguen a manifestación. Pode ser algo así como: “17 de maio: manifestación en Santiago. #EnGalegoDiaADia Queremos Galego! Participa e pásao!”

3) Envía un correo-e aos teus contactos coa información da manifestación.

4) Infórmate dos actos previos á manifestación do 17 de maio na túa zona, divúlgaos e tenta participar neles. Así mesmo, infórmate (p. ex., nos webs de Queremos Galego –www.queremosgalego.gal- ou da Mesa –www.amesa.gal-) de cales son os posíbeis medios de transporte que puider haber desde a túa comarca para chegar á manifestación que sairá o día 17 de maio ás 12.00 h da Alameda de Santiago.

5) Se tes un espazo web, coloca nel os bánners promocionais da manifestación. Atoparalos en www.queremosgalego.gal ou www.amesa.gal así como nas respectivas páxinas de facebook e twitter.

6) Se tes un perfil en facebook, instagram, twitter… apoia os eventos creados sobre a manifestación, convida aos teus contactos e anuncia o teu apoio desde o teu estado.

7) Se participas nalgunha asociación ou colectivo de calquera tipo, anímao a se adherir á plataforma Queremos Galego, a participar no plenario convocado na túa zona, a colaborar na manifestación e a emitir un comunicado aos medios de comunicación adheríndose manifestación do día 17 de maio.

8) Contribúe a espallar a convocatoria imprimindo os cartaces que estarán en www.queremosgalego.gal ou en www.amesa.gal, e colándoos onde che for posíbel, na túa rúa, centro de traballo, centro de ensino, no teu comercio…

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang