EVENTO / Rachando barreiras coa lingua

A Mesa pola Normalización Lingüística está a realizar «Conversas arredor do galego» por todo o país, para a divulgación do traballo que estamos a realizar como asociación, así como crear un punto de encontro para o debate con todas aquelas persoas que simpatizan coa defensa dos nosos dereitos lingüísticos.

Cidades e vilas confirmadas:
· Carballo, o 16 de marzo ás 19:00h no Pazo da Cultura.
· Ourense, o 20 de marzo ás 20:15h no Café Cultural Auriense.
· Foz, 23 de marzo ás 20:00h na Casa da Cultura Poeta Manuel María.
· Pontevedra, 30 de marzo ás 19:00h na Facultade de Comunicación.
· Lugo, 13 de abril ás 19:00h no Vello Cárcere.
· A Coruña, 24 de abril ás 19:30h na Asociación Cultural Alexandre Bódeva.
· Monforte de Lemos, 28 de abril ás 20:00h no Ateneo Casino.
· O Carballiño, 4 de maio ás 20:00h na tenda Ozoco.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra