A Mesa pola Normalización Lingüística

Recital-conferencia en Vigo “Itinerario poético pola defensa do idioma”

O 16 de maio ás 20 h na Biblioteca Central de Vigo.

Podes consultar aquí o evento no facebook.

O presidente da Mesa, Carlos Callón, impartirá o 16 de maio ás 20 h. na Biblioteca Central de Vigo (rúa Joaquín Yáñez, 6) un recital-conferencia so o título “Itinerario poético pola defensa do idioma”.

O acto consistirá nun percorrido pola historia contemporánea da lingua galega partindo de textos poéticos que a reivindican, desde os albores do Rexurdimento até os versos máis actuais das novas fornadas creativas.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra