O 23 de maio ás 20 h no Centro Cultural Ágora da Coruña.
Velaquí o evento no facebook.
O presidente da Mesa, Carlos Callón, impartirá o 23 de maio ás 20 h. no Centro Cultural Ágora da Coruña un recital-conferencia so o título “Itinerario poético pola defensa do idioma”.
O acto consistirá nun percorrido pola historia contemporánea da lingua galega partindo de textos poéticos que a reivindican, desde os albores do Rexurdimento até os versos máis actuais das novas fornadas creativas.