Aproveitamos a visita a Barcelona para participar na asemblea xeral de ELEN para manter unha reunión co Conseller de Política Lingüística, F. Xavier Vila, co obxetivo de coñecer directamente o pacte nacional per la llengua e as iniciativas que está a promover este departamento. O responsábel político catalán amosou moito interese e coñecemento da situación do galego e polo movemento a favor da nosa lingua.

