O presidente de RTVE, José Pablo López, confirmou que antes de que remate o 2025 Clan TV emitirá en versión dual en catalán e castelán e que xa están a traballar na emisión dual en euskera e galego.
A iniciativa xabarín promovida pola Mesa e aprobada por unanimidade no Parlamento galego en maio do 2021 instaba a TVE á dobraxe e á lexendaxe na súa canle infantil. Ademáis, a disposición adicional 5ª da Lei 13/2022 xeral de Comunicación Audiovisual obriga a facelo nos contidos destinados a menores de 12 anos.
Até o de agora o galego está dispoñíbel en 0% das súas emisións na canle temática Clan, polo que a Mesa pola Normalización Lingüística valora positivamente que se comece a cumprir coa lexislación, mais a entidade en defensa da lingua pide celeridade nos procesos e que as crianzas galegas teñen os mesmos dereitos de acceso a contido audiovisual na súa lingua que as do resto do Estado.