Prezada/o socia/o, amiga/o: Durante o mes de agosto a oficina está pechada por vacacións.


Noticias Noticias da Mesa

Semana do galego en Leeuwarden, Capital da Cultura Europea 2018

A cidade de Leeuwarden, Frisia (Holanda) que é a Capital da Cultura Europea de 2018 acollerá a semana do galego cun amplo programa de actividades. Grazas a Afûk (a institución que promove o frisio e a cultura frisia), á Mesa pola Normalización Lingüística e á Fundación Vía Galego coa colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela e do Concello de Pontevedra desde o 22 ao 29 de xullo o galego será o protagonista do Pavillón das Linguas.

O proxecto Pavillón das linguas (Lân fan Taal) consiste en amosar a diversidade lingüística europea e a existencia de nacións que teñen máis dun idioma, sendo a lingua o elemento máis característico que lle confire identidade propia a unha comunidade de falantes. Ademais diso, aproveitarase a estadía para intercambiarmos experiencias de éxito e estabelecer contacto con outras organizacións que traballan na promoción e defensa de linguas minorizadas ou minoritarias.

O Pavillón das Linguas é un edificio de madeira no que as persoas que se acheguen poderán coñecer a música, literatura, conferencias, presentacións, por medio da gastronomía e distintos medios de expresión de cultura das linguas minorizadas de Europa. Está aberto ao público desde marzo a outubro e semanalmente, unha lingua minorizada diferente de Europa é a protagonista.

Xa estiveron presentes entre outras linguas o gaélico, o euskera  e tras o maltés a quenda  do galego será a última semana de xullo. A semana do galego terá como eixo a literatura con recitais poético-musicais, concertos, conferencias e obradoiros  da man de María Lado.

O domingo, o 22 de xullo, comezará a semana do galego cun encontro cultural co maltés (o protagonista da semana anterior). Na segunda feira, 23 de xullo María Lado ofrecerá un recital de poesía co que dará a coñecer á poboación frisia algunhas escritoras e algúns escritores da nosa literatura.

Na terza feira, 24 de xullo, as persoas que se acheguen ao Pavillón das Linguas poderán escoitar unha conferencia  sobre a historia da nosa literatura.

O 25 de xullo, cuarta feira, Día Nacional de Galiza  haberá unha festa onde a protagonista será a música galega. Ese mesmo día terá lugar O Café das linguas, unha actividade semanal na que María Lado ofrecerá un concerto baseado na música tradicional.

O sábado é o Día das Familias e durante todo o día haberá diferentes actividades para as crianzas frisias. María Lado co primeiro obradoiro, 5 minutos de poesía fará unha aproximación á creación poética  e as crianzas rematarán elaborando  uns versos en galego e frisio.

Pola tarde haberá dúas actividades. A primeira, consistirá en colorear o País das Letras mentres aprenden sobre a nosa literatura. A segunda, unha actividade lúdica que consistirá en mostrar as letras do noso abecedario e que as crianzas frisias nos mostren o seu abecedario. Neste día terá especial protagonismo a música infantil en galego.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis