Vanse confirmando novos actos públicos para a presentación do proxecto Sermos Galiza en diferentes localidades galegas. Á que terá lugar ás 8 do serán de hoxe en Santiago de Compostela (Auditorio de Nova Caixa Galiza, Praza de Cervantes) hai que acrecentar xa os seguintes:
– OURENSE: Cuarta feira, 5 de outubro, ás 8 da tarde no Café Cultural Auriense (Praza do Correxidor), organizada pola Asociación Cultural Auriense. Coa participación de Nemésio Barxa, Xosé Lois ‘O Carrabouxo’, Marga Romero e Francisco Carballo.
– CAMBADOS: cuarta feira, 5 de outubro, ás 20 h en Exposalnés. Coa participación de Teresa Moure, Néstor Rego e Adela Leiro.
– FERROL: quinta feira, 6 de outubro, ás 20h na Fundación Caixa Galiza (Cantón de Molíns). Organizada pola Asociación Cultural Medulio. Coa participación de Xosé Ramón Freixeiro Mato e Xurxo Souto.
– PONTEVEDRA: quinta feira, 6 de outubro, ás 20.30 h na Galería Sargadelos (Rúa da Oliva). Organizada pola Asociación Cultural Maiolongo. Coa presenza de Manuel Mera, Néstor Rego e Marga Romero.
– A MARIÑA: sexta feira, 14 de outubro, ás 20.30 h na Casa da Cultura Manuel María de Foz. Organizada pola Federación Galiza Cultura da Mariña.