Todos os pobos teñen dereito a decidir sen inxerencias ás políticas a favor da súa lingua. Solidarizámonos co pobo catalán ante os graves ataques e vulneración dereitos fundamentais que está a sufrir. O noso apoio ás entidades socias da Mesa na Rede Europea pola igualdade das linguas (ELEN) como son puntCAT, Plataforma per la Llengua e Òmnium Cultural.
Sumámonos a esta iniciativa feita por Músicas Galegas Amb Catalunya
Engadimos tamén o comunicado do presidente da Rede Europea para a Igualdade das Linguas, Ferran Suay, sobre a situación en Cataluña.