A Associaçom Pró-Escola Semente Vigo está a traballar para abrir no vindeiro curso a primeira escola de inmersión en galego de base popular.
Áchase na rúa Doutor Corbal, 102, de Teis, e acollerá nenas e nenos de 2 a 6 anos.
As Escolas de Ensino Galego Semente son un espazo de unha pedagoxía transformadora ao servizo dos intereses populares baseada nos seguintes principios: coeducación, laicidade, asemblearismo, interaación coa natureza, respecto pola autoregulación da crianza, integración no contexto do seu barrio e da cidade.
A Semente Vigo sustentase por medio de traballo militante e por cotas de socias e socios que, mesmo sen precisaren dos servizos dunha escola, acreditan na necesidade de posuíren un ensino en galego.
Por iso, a Semente está a realizar a campaña “10.000 € para a Semente Vigo”, cantidade estimada para financiar a reforma do local e poder comezar o curso con garantías.
COMO PODO COLABORAR?
Agora mesmo as pessoas interesadas poden colaborar de tres maneiras:
1. Facendo unha doazón na súa conta bancaria con IBAN 3330700045166112303927
2. Tornándose soci@s nesta ligazón: < http://sementevigo.com/associa-te.php>
3. Inscrebendo as súas crianzas para o presente curso.
Máis información: