Tes o contestador automático en galego?

A Mesa pola Normalización Lingüística edita un vídeo informativo para que, dunha maneira áxil e sinxela, coñezas como podes galeguizar o teu contestador automático.

No vídeo repasamos as maneiras de poñer o teu contestador automático en galego para as principais compañías de telefonía -R, Orange, Movistar e Vodafone-. Se tes outra outra compañía e non ofrece a opción de configuralo en galego, solicítallo. En galego temos dereitos.

Se elixes vivir en galego, que o teu contestador tamén fale na túa lingua!

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra