A empresa láctea galega Larsa, que até o de agora imprimía os envases dos seus coñecidos iogurtes sinalando o seu enderezo co topónimo deturpado Villagarcía de Arosa, notificou hoxe a través das redes que mudará os seus envases para pasar a utilizar o topónimo verdadeiro e orixinal de Vilagarcía de Arousa. O motivo desta mudanza é a intensa campaña a través das redes sociais que incluíron o envío de mensaxes e correos electrónicos
Da Mesa parabenizamos a todas as persoas que participaron nesta campaña e a Larsa pola restitución do nome de Vilagarcía.