VÍDEO | Que non apaguen a túa lingua

Neste vídeo explicámosche en menos de un minuto a importancia de que a nova Lei do Audiovisual recolla a nosa lingua.

Para A Mesa pola Normalización Lingüística, a tramitación desta Lei ten que se converter nunha oportunidade de mudar unha proposta lexislativa que non garante un mínimo de igualdade para o galego, nen na dispoñibilidade en contidos foráneos nen para as producións propias.

Esta lei definirá o desenvolvemento do conxunto do audiovisual e das canles e plataformas de contidos televisivos nas próximas décadas. Se non houber mudanza sobre o Proxecto de lei proposto polo goberno español o galego seguirá excluído da inmensa maioría da oferta de series e filmes.

Por isto, diversas entidades do sector audiovisual, do ámbito académico e da defensa lingua, elaboramos a Iniciativa polo audiovisual en galego, unha proposta de emendas que estamos a presentar ao partidos políticos para conseguir igualdade para o galego na dobraxe, lexendaxe, audiodescricións e financiamento de producións nos termos contemplados na Iniciativa Xabarín aprobada por unanimidade polo Parlamento galego.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra