Estréase máis tarde en ambos os concellos polas dificultades que poñen as salas comerciais para estrear cinema no noso propio idioma.
Apoiemos os filmes rodados e exhibidos na lingua de Galiza!
Os pases en Carballo serán nos Multicines Bergantiños a partir do día 8 de xuño. Haberá un pase previo no Pazo da Cultura da localidade o día 7, sobre o cal hai máis información nesta ligazón.
A Santiago de Compostela chegará o 16 de xuño. Será no local da SGAE / Fundación Autor, tras se negaren a estreala as dúas salas comerciais da capital do país: os multicines Valle Inclán e os de Área Central, nun triste caso de discriminación da nosa cultura. Pódense xa comprar as entradas nesta ligazón.