A maior asociación cultural de Galiza contará cun posto propio.
A Mesa pola Normalización Lingüística estará presente no Culturgal 2015, a máis importante feira de promoción da cultura galega, que se celebrará en Pontevedra os días 5, 6 e 7 de decembro.
Con motivo deste importante acontecemento anual, a Mesa fai unha oferta especial vendendo todas as súas camisetas a 5€.
Ademais contaremos con material informativo sobre a nosa ampla actividade na defensa da nosa lingua.