As propostas inclúen libros, camisolas, alimentación e produtos de comercio xusto
Co catálogo de Nadal, A Mesa e as empresas de Abertos ao Galego queren animar ao consumo responsábel en galego
As empresas de Abertos ao Galego e A Mesa editan por segundo ano o seu catálogo de Nadal. O catálogo inclúe propostas de agasallo suxeridas por algunhas das empresas de Abertos ao Galego, ademais de información sobre o proxecto e sobre as empresas colaboradoras e os descontos que ofertan a socios e socias da Mesa pola Normalización Lingüística.
O obxectivo do catálogo é dar a coñecer o traballo das empresas que forman parte de Abertos ao Galego, ademais de pór en valor o consumo de produtos feitos e comercializados na nosa lingua.
Pódese descargar o catálogo aquí.