Xornada Medrar en galego. Allariz, 25 de febreiro

Allariz acollerá o próximo 25 de febreiro a xornada Medrar en galego, organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, o Concello de Allariz, a Deputación de Ourense, o Espazo Ben Común e a Confederación de ANPAS galegas. O programa de actividades desenvolverase ao longo de todo o día e incluirá obradoiros onde partillar experiencias de éxito e resolución de conflitos, xogos, contos e feira de empresas en galego. Magín Blanco porá o ramo cun concerto de Gatuxo que terá lugar na praza do Concello que, como o resto das actividades, será de acceso libre e gratuíto.

Un programa de actividades para familias e crianzas se reafirmaren no emprego do galego, mais tamén para debater, contrastar e partillar dúbidas, inquedanzas e as situacións que vivimos día a día.

A participación en todas as actividades é libre e aberta agás nos obradoiros de crianza en galego que contan con limite de capacidade. Para te inscribires preenche o seguinte formulario

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra
>