Audiovisual / Perante a nova Lei do Audiovisual

O audiovisual é un sector estratéxico do punto de vista lingüístico, cultural e económico. A sociedade galega reivindicouno recentemente a través de propostas como a Iniciativa Xabarín para garantir presenza de galego na programación infantil ou a Iniciativa polo galego no audiovisual que tentou impulsar importantes modificacións na Lei xeral de comunicación audiovisual.

Esta lei, aprobada recentemente polas Cortes e que finalmente non atendeu ás demandas feitas desde Galiza e outras nacións do Estado, será obxecto de análise nestas xornadas.

Programa da xornada:

09:30h Recepción


10:00h Saúdo
Margarita Ledo Andián
Coordinadorado Grupo de Estudos Audiovisuais


10:10h Transposición da Directiva europea ao marco español
Antía López Gómez
Grupo de Estudos Audiovisuais


10:40h A Lei Xeral de Comunicación Audiovisual: nha interpretación crítica
Ramón Zallo
Universidade do País Vasco


11:45h Descanso


12:00-13:00h Diversidade lingüística e Lei do Audiovisual
Marcos Maceira Eiras
A Mesa pola Normalización Lingüística
Francesc Marco Palau
Palaforma per la Llengua
Paul Bilbao Sarria
Kontseilua


16:00h O estado xeral do audiovisual en Galiza
Uxía Caride
Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi)
Lidia Fraga
Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG)
Samuel Solleiro
Asociación Galega de Profesionais de Tradución e da Interpretación (AGPTI)


17:30h Debate e conclusións
Relatora: María Soliña Barreiro

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra