XVI Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística Traballando en Lingua no Lecer.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, participará a quinta feira, 13 de xullo ás 9h00, no XVI Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística Traballando en Lingua no Lecer que organiza o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte, o Concello de Carballo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Terá lugar no Fórum Carballo e centrarase en fomentar o uso da lingua a través do lecer e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos e para a utilizarmos na mellora do seu proceso de normalización, traballando os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos, etc. 

O prazo de matrícula está aberto até o 6 de xullo.

Máis información en https://www.udc.es/gl/novas/XVI-Curso-de-Veran-sobre-Dinamizacion-Lingueistica/

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra