Tópicos sobre a lingua galega é un argumentario informal que pode axudar a eliminar prexuízos absurdos ou, cando menos, para reducir a súa presenza.
O feito de que se considere pertinente e necesario explicar publicamente estas obviedades é proba de que o proceso de normalización lingüística vai á deriva, de que as décadas que pasaron xa desde que se aprobou por unanimidade a Lei de normalización lingüística non deron de si o froito que sería desexábel para eliminar prexuízos sen sentido e lograr que se valore o sinal máis evidente da nosa identidade, de que aínda estamos aquí.