Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados pola dramática situación que está atravesando a lingua galega e os atropelos e conculcación dos dereitos lingüísticos que sofren ac otío os seus falantes, deciden fundar o Observatorio de Dereitos Lingüísticos, auspiciado pola Mesa Pola Normalización Lingüística, para, coa máis rigurosa imparcialidade e profesionalidade:

  • Emitir e difundir anualmente un informe analizando e avaliando a evolución da situación lingüística na Galiza, nomeadamente as discriminacións e desagravios sufridos, as vulneracións dos dereitos lingüísticos e as situacións de desamparo.
  • Comprobar e exixir que as institucións públicas observen o cumprimento da legalidade en materia lingüística, así como propor medidas de actuación.
  • Analizar a política de subvencións en materia lingüística e avaliar os seus resultados.
  • Denunciar e pór en evidencia as deficiencias da lexislación e do cumprimento desta, e propor modificacións lexislativas que tendan a mellorar o marco legal do galego.
  • Denunciar as discriminacións lingüísticas que se cometan contra usuarias e usuarios do galego.
  • Prestar asesoramento xurídico e defender a aquelas persoas que sufran tales discriminacións.
  • Facer seguimento, en diálogo co movemento asociativo en defensa da lingua, do cumprimento na Galiza dos tratados internacionais relacionados cos dereitos lingüísticos, como a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias ou a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos.
Constituírse en válido interlocutor con asociacións, institucións e organismos estatais e internacionais relacionados coa defensa da lingua galega e/ou co cumprimento da lexislación vixente.

Últimas noticias

Noticias Noticias da Mesa Queremos Galego

Queremos Galego convoca manifestación o 17 de maio baixo o lema En galego día a día

Reivindicarán o esforzo de miles de persoas e colectivos para normalizar a lingua fronte ao 155 lingüístico da Xunta Marcos Maceira “É o pobo galego quen mantén a lingua viva, en solitario, e quen exerce as obrigas da Xunta de Galiza e coa mobilización diaria consegue avances”   Santiago de Compostela, 23 de abril de […]

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

O PP nega que o galego teña os mesmos dereitos que o castelán, o eúscaro e o catalán

Maceira: “gustaríanos que os deputados e deputadas do PP que aman a lingua galega saian do armario lingüístico” A Mesa acusa de cinismo político ao PP por vulnerar lexislación e acordos en lingua e aprobar  plans que logo non aplica Marcos Maceira, defensa da ILP Sentido Común (82 kB)IMG_6977 (6 MB)Representantes que apoiaron no público […]

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis