Nais e Pais polo Ensino en Galego

Nais e Pais polo Ensino en Galego (ou Familias polo Galego) xorde como un colectivo –vinculado á Mesa pola Normalización Lingüística– constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Isto implica a imposibilidade de escolarizar e socializar as nenas e nenos galegos na sua lingua.

OBXECTIVOS

O obxectivo fundamental do colectivo é conseguir o respecto dos dereitos lingüísticos das nenas e nenos galegos nunha etapa decisiva na adquisición e na consolidación do idioma. Como galegos e galegas desexamos ofrecerlles aos nosos fillos e fillas unha educación e unha primeira aprendizaxe na nosa lingua e a posibilidade de poder utilizala con naturalidade.

O papel do colectivo consiste en incidir no sector educativo e no entorno formativo –inicialmente na etapa infantil– para demandar a existencia de ensinanzas e actividades extraescolares en galego, conseguir a publicación e comercialización de materiais de aprendizaxe e lecer que fagan posíbel e natural esta formación e emprender iniciativas que sensibilicen e abran o debate na poboación e nas institucións sobre a importancia da transmisión e o mantemento da língua nos meniños.

MOTIVACIÓN

Alén da salvagarda dos dereitos lingüísticos dos nenos e nenas, outros factores como a riqueza formativa que lle supón a aprendizaxe en galego e mesmo o futuro da lingua fan necesaria a existencia dunha oferta de escolarización en lingua galega.

As positivas actitudes da poboación cara a ela reforzan estas ideas: tomando os datos do Mapa Sociolingüístico de Galiza e mais do Estudo sociolingüístico sobre a situación da lingua galega no Concello de Vigo, a nosa demanda fúndase, dunha banda, na inquedanza que provoca a perda do galego como lingua de transmisión interxeracional e mais a perda de terreo do galego como lingua habitual e, doutra banda, na demanda por parte dunha gran maioria da poboación de accións necesarias para fomentar o uso da língua.

Para alén disto, como a propia Xunta recoñece, o actual marco legal para o uso do galego nos centros de ensino non cumpre os seus obxectivos, pois “…non se está a cumprir o espírito, e tampouco a letra do Decreto. Isto concrétase no nulo ou escaso número de horas en que empregan o galego e ten a súa consecuencia no insatisfactorio nivel que se detecta por parte do profesorado dos ciclos posteriores” (resposta da Dirección Xeral de Política Lingüística a unha demanda da Mesa perante o Valedor do Pobo).

ÁMBITOS DE ACTUACIÓN

Na nosa actividade estamos a dirixirnos a todas aquelas entidades que participan no universo formativo, entendendo por tales tanto as que ofrecen unha educación regulada como non regulada, no sector público e mais no privado e nos colectivos implicados na formación escolar ou extraescolar de todos os niveis.

Inicialmente decidimos incidir no sector máis desleixado en canto ao uso da lingua por parte destas entidades: a educación infantil (0-6 anos). Así mesmo, pretendemos desenvolver un labor de sensibilización nos familiares e persoas do entorno dos nenos e nenas sobre a importancia e o valor que supón na formación dos cativos unha aprendizaxe en lingua galega.

Últimas noticias

Noticias

App A Liña do Galego

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en […]

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

Inspección reprende a Enaire por vulnerar o dereito dunha empregada a usar a lingua galega

A entidade pública que xestiona a navegación aérea en España pretendía forzala a comunicarse co departamento de Recursos Humanos e co director rexional en español, tanto verbalmente como por escrito, incumprindo o dictado pola Constitución Española, polo Estatuto de Autonomía de Galicia e pola Lei de Normalización Lingüística Compostela, 4 de decembro de 2020.

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

Recibimos con esperanza o rexistro no Congreso dunha iniciativa para garantir o uso da lingua propia a toda a cidadanía

Unha Proposición non de lei (PNL) que recolle parte do manifesto Liberdade, igualdade, democracia que presentamos as entidades sociais polas linguas en febreiro foi rexistrada esta mañá no Congreso español coa sinatura de BNG, Compromís, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid e Podemos Compostela, 3 de decembro de 2020.

Ler máis
Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis