Aviso legal e política de privacidade

LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E COMERCIO ELECTRÓNICO

En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 de 11 de xullo de servizos da sociedade da información (LSSI) , dáse a coñecer a seguinte Información xeral:

Que o dominio www.amesa.gal a partir de agora sitio web está rexistrado a nome de ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA con domicilio social en  avda. De Lugo, 2A, entresollado A , 15702 – Santiago de Compostela (A Coruña) ou mediante correo electrónico a amesa@amesa.gal; sociedade inscrita no rexistro mercantil de tomo , da sección , folio , folla , inscrición primeira, provista de CIF ESG15154610.

CONDICIÓNS DE USO

I.- USUARIOS/AS

O acceso a e/ou uso do sitio web de http://www.amesa.gal, atribúe a quen o realiza a condición de usuario/a, aceptando, desde ese mesmo momento, plenamente e sen ningunha reserva, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.

II.- USO DO SITIO WEB, OS SEUS SERVIZOS E CONTIDOS

O/a usuario/a comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.

Así mesmo, queda prohibido, o uso da Web con fins ilícitos ou lesivos contra O TITULAR ou calquera/a terceiro/a, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.

Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:

  • A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos/as titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos de O TITULAR ou dos seus lexítimos/as titulares sobre eles.
  • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
  • Calquera intento de obter os contidos do sitio web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos/os usuarios/as así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo ningún ao sitio web.

III.- MODIFICACIÓN UNILATERAL

O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar, os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio web.

IV.- HIPERLIGAZÓNS

O estabelecemento de “calquera hiperligazón” entre unha páxina web e o sitio web estará sometido ás seguintes condicións:

  • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web.
  • Salvo consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estabeleza a hiperligazón non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de estabelecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao TITULAR
  • Baixo ningunha circunstancia, O TITULAR será responsábel dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se realice a “hiperligazón” nin das informacións e manifestacións incluídas nelas.

V. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsábel, en ningún caso, dos danos e perdas de calquera natureza que puidesen traer causa de:

  • A falta dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da Web e/ou dos seus servizos ou contidos.
  • A falta de utilidade, adecuación ou validez da Web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
  • A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
  • A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos/os usuarios/as, dos contidos.
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes condicións xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos a disposición dos/os usuarios/as no sitio web.
  • O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigacións ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios/as a través do sitio web.

VI. DURACIÓN

A duración da prestación do servizo do sitio web e dos servizos é de carácter indefinido.
Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito para, interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo da Web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.

VII. LEXISLACIÓN APLICÄBEL E XURISDICIÓN

As presentes condicións xerais rexeranse pola lexislación española.
ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA e o usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo da Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.

No caso de que o usuario/a teña o seu domicilio fóra de España, ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA e o Usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais de Santiago de Compostela

USO DE COOKIES

O sitio web ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA pode utilizar cookies cando un USUARIO/A navega polos sitios e páxinas web do SITIO WEB. As cookies utilizadas polo sitio web asócianse unicamente cun USUARIO/A anónimo e o seu computador e non proporcionan por si o nome e apelidos do USUARIO. Grazas ás cookies, resulta posíbel recoñecer os/as USUARIOS/AS rexistrados/as despois de que estes se rexistren por primeira vez, sen que teñan que rexistrarse en cada visita para acceder ás áreas e servizos reservados exclusivamente a eles. As cookies utilizadas non poden ler datos do seu disco duro nin ler os arquivos cookie creados por outros provedores. Os datos identificativos de cada USUARIO/A son cifrados para maior seguridade.

O/a USUARIO/A ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu disco duro. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para utilizar o SITIO WEB, non resulta necesario que o/a USUARIO/A permita a instalación das cookies enviadas polo sitio web, sen prexuízo de que en tal caso será necesario que o Usuario/a se rexistre como usuario de cada un dos servizos cuxa prestación requira o previo rexistro.
De igual maneira, os nosos servidores web detectan de maneira automática a dirección IP e o nome de dominio utilizados polo usuario/a. Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor que permite o posterior procesamento dos datos co fin de obter medicións estatísticas que nos permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos nosos servizos web, etc.

BAIXA DE COMUNICACIÓNS COMERCIAIS

De conformidade coa lei de servizos da sociedade da información 34/2002 garántese ao usuario a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo de 10 días desde que comunique a súa vontade mediante correo electrónico dirixido a amesa@amesa.gal;

 

Política de privacidade

1. QUEN INFORMA

ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍTICA, con CIF: ESG15154610 é a responsábel do tratamento dos datos persoais dos nosos/as usuarios/as. Estes datos serán tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes sobre protección de datos persoais, ou Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (GDPR) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.

ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos. Para iso adoptará as medidas necesarias para evitar á súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado de acordo con establecido no Regulamento.

2. ONDE INFORMA

ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, a través da páxina web www.amesa.gal no apartado correspondente á política de privacidade. Máis información en “Aviso legal”.

3. TRATAMENTO DE DATOS

As operacións, xestións e procedementos técnicos que se realicen de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, almacenamento, modificación, transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais.

4. LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO

A base da lexitimación do tratamento de Datos Persoais será a que resulte da relación contractual ou precontractual, a laboral ou calquera outra que se requira para o tratamento de datos, tales como o consentimento expreso.

5. COMUNICACIÓNS ELECTRÓNICAS

No caso de recibir comunicacións por estes medios (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada de formularios, e outros sistemas de comunicación) informámoslle que as mensaxes se dirixen exclusivamente ao seu destinatario e pode conter información privilexiada ou confidencial. Se non é vde. o destinatario indicado, queda notificado de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.

De conformidade co estabelecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico, e a Directiva 2002/58/CE comunicámoslle que no caso de que non desexe recibir comunicacións e informacións de índole comercial mediante este sistema de comunicación electrónica, indíquenolo por esta mesma vía indicando no asunto “BAIXA COMUNICACIÓNS COMERCIAIS” para que os seus datos persoais sexan dados de baixa da nosa base de datos. A súa solicitude será accionada nun prazo de 10 días desde o seu envío. No caso de que non recibamos contestación expresa pola súa banda, entenderemos que acepta e autoriza que a nosa entidade siga realizando as referidas comunicacións.

6. RESPONSÁBEIS D0 TRATAMENTO

De conformidade coa lexislación vixente en protección de datos indicámoslle que os datos persoais que Vde. nos facilira de forma voluntaria por calquera dos nosos medios de recollida de información serán incorporados a tratamentos automatizados e/ou manuais, sendo ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA a responsábel de devanditos tratamentos. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal.

Así mesmo, declara e garante que mantén os niveis de seguridade para a protección de datos persoais conforme dispón a lexislación vixente, e que estabeleceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado,  roubo dos datos facilitados polos interesados e para que os seus empregados observen estas prescricións, así como o deber de segredo sobre os datos obxecto da protección e demais obrigacións de confidencialidade vixentes.

7. CONSERVACIÓN DE DATOS

Os datos serán conservados mentres dure a relación que xera devandito tratamento ou durante os anos necesarios para o cumprir as obrigacións legais. Unha vez finalizada a relación que xustifica o tratamento de datos, estes serán bloqueados conforme ao disposto na normativa, transcorrido o prazo legalmente establecido serán eliminados. (ver en cada finalidade o prazo de conservación).

8. COMUNICACIÓN DE DATOS

Os datos non serán cedidos a terceiros sen previo aviso, salvo nos casos en que exista obrigación legal.

9. DEREITOS DOS INTERESADOS

A normativa de protección de datos confírelle ao titular dos datos persoais os seguintes dereitos:

A normativa de protección de datos confírelle ao titular dos datos persoais os seguintes dereitos:

  • Dereito a revogar calquera consentimento prestado previamente.
  • Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos están a tratarse e as características do tratamento que leva a cabo
  • Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou non veraces
  • Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia en formato interoperábel dos datos que estean a ser tratados.
  • Dereito á limitación do tratamento nos casos que considere que non é necesario.
  • Dereito de cancelación: Solicitar o cesamento do tratamento dos datos e a súa supresión cando xa non sexa necesaria a súa conservación

Pode solicitar a protección dos seus dereitos que afectan o tratamento dos seus datos ante a Axencia Española de Protección de datos r/ Jorge Juan, 6 28001-Madrid – FAX: 914483680- TELF: 901 100 099- E-mail: ciudadano@agpd.es

Se desexa máis información respecto ao tratamento dos seus datos, rectificar aqueles que sexan inexactos, oporse e/ou limitar algún tratamento que considere que non é necesario, ou solicitar a cancelación do tratamento cando os datos xa non sexan necesarios, pode dirixirse por escrito a ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA en avda.de Lugo, 2A, entresollado A, , 15702 – Santiago de Compostela (A Coruña) ou mediante correo electrónico a  amesa@amesa.gal.

  • Dita comunicación deberá reflectir a seguinte información: Nome e apelidos do usuario, a petición de solicitude, o domicilio e os datos acreditativos.
  • O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio usuario.Porén, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal do autorizado. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación do interesado.

10. FINALIDADES DOS TRATAMENTOS DE DATOS

Detallamos a continuación as finalidades dos tratamentos de datos levados a cabo por algún ou todos dos responsábeis de tratamento enumerados anteriormente:

ACTIVIDADE DE TRATAMENTO FINALIDADE  DO TRATAMENTO BASE DE LEXITIMACIÓN
Xestión laboral Xestión do persoal para formalización dun contrato laboral, control de expedientes, xestión de nóminas, control horario, formación, plan de pensións e PRL. Relación contractual
Xestión fiscal e contábel Tratamento necesario para o cumprimento das obrigas fiscais e contábeis Relación contractual

Obrigación legal para o/a responsábel

Intereses lexítimos prevalentes do responsábel ou de terceiros

Xestión de contactos Tratamento dos datos para poder manter comunicacións cos interesados/as Relación contractual

Intereses lexítimos prevalentes do responsábel ou de terceiros

Consentimento expreso do interesado/a

Prevención de riscos laborais Cumprimento da lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais e vixilancia da saúde Relación contractual

Obrigación legal para o/a responsábel

Organización de eventos e actividades Xestión e coordinación de actividades e eventos afíns á actividade da asociación. Control de asistencia e participantes. Relación contractual

Consentimento expreso do interesado/a

Comunicación informativa e notificacións Difusión de actividades e notificacións de información relevante relacionada coa actividade da entidade Intereses lexítimos prevalentes do responsábel ou de terceiros

Consentimento expreso do interesado/a

Xestión de asociados/as Xestións necesarias cos asociados/as da organización: alta como asociado/a, cobro de cotas, envíos informativos…e outras xestións aprobadas nos estatutos da organización Relación contractual

Consentimento expreso do interesado/a

Xestión multimedia Tratamento de imaxes e/ou vídeos para a difusión en medios de comunicación e redes sociais e a promoción das actividades Consentimento expreso do interesado/a
Comercio electrónico Elaboración e xestión de pedidos e compras realizados a través de plataformas web. Relación contractual

Relación comercial

Xestión de provedores Análise, valoración, contratación, xestión de pedidos e xestión de pagos a provedores Relación contractual
Estatísticas para investigación Análise estatístico e investigación Interese público ou exercicio de poderes públicos

Intereses lexítimos prevalentes do responsábel ou de terceiros

Consentimento expreso do interesado/a

Xestión de reclamacións e consultas Xestión de consultas de clientes, potenciais clientes/as, usuarios/as e outros interesados/a, sobre os servizos da empresa ou a xestión de reclamacións sobre facturación, entrega do servizo ou outras motivacións Consentimento expreso do interesado/a
Xestión de socios/as Mantemento da relación cos socios/as, xestión de contactos, cobro de cotas, envío de publicidade de terceiros e outras actividades afíns. Relación contractual
Xestión de doadores económicos Xestión dos datos de interesados/as en realizar unha achega á entidade e o control correspondente para a súa dedución ante a Axencia Tributaria Relación contractual

Consentimento expreso do interesado/a

Xestión de voluntarios/as Coordinación das tarefas e actividades asignadas para a prestación dos servizos obxecto da actividade da entidade Relación contractual

Contacto

En cumprimento do disposto no artigo no Regulamento xeral de protección de datos da UE (GDPR), infórmaselle que os datos persoais que facilite neste formulario quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Mesa pola Normalización Lingüística, cuxa finalidade é a xestión e rexistro deste procedemento.

Ler máis

Historia

Que é A Mesa pola Normalización Lingüística? A MESA pola Normalización Lingüística é unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma.

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis