Zonas

Noticias da Mesa Vigo

SANIDADE.- Grave caso de discriminación lingüística nun centro hospitalario de Vigo

O Hospital Nosa Señora de Fátima ameazou presuntamente con non operar un doente se este non asinaba un documento en castelán que previamente solicitara en galego A Mesa considera este caso “inadmisíbel” e pide responsabilidades directas ao SERGAS, que mantén un concerto co centro privado vigués para derivar doentes da rede pública

Ler máis
A Coruña Noticias da Mesa

A CORUÑA.- A Mesa denuncia que o Secretario Xeral de Política Lingüística se desentende de exixirlle ao Concello da Coruña as súas obrigas en materia lingüística

O departamento de Anxo Lorenzo respondeu por escrito a un veciño que denunciaba a exclusión do uso do galego na Compañía de Tranvías da cidade que “desbota actuar” A entidade cidadá en defensa do galego pregúntase “para que vale que exista esta Secretaría Xeral de Política Lingüística”

Ler máis

Últimas noticias

Noticias Noticias da Mesa

Queremos Galego pídelle a Feixoó que “exerza de presidente” e lle ofreza á cidadanía galega información na súa lingua sobre a epidemia do Coronavirus

A plataforma cidadá pola defensa da nosa lingua, composta por máis de 600 entidades, publica na súa páxina web unha petición aberta ao presidente da Xunta na que lle recorda que “desprezar o galego, excluíndoo de mensaxes de tanta relevancia, non só non contribúe á loita contra a epidemia, senón que incide en prexuízos ideolóxicos […]

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis