A primeira das palestras previstas no marco das xornadas, que se desenvolverán ao longo de todo o ano, tratará a situación sociolingüística do euskara da man do deputado de Amaiur Jon Iñarritu
Será esta sexta feira (venres) 24 de febreiro ás oito e media do serán na Biblioteca Municipal de Marín
Esta sexta feira (venres) 24 de febreiro iniciarase en Marín a 2ª edición das xornadas “Ser lingua non é fácil”, organizadas polo grupo local da plataforma Queremos Galego.
Na primeira das conferencias previstas, que se celebrará a partir das oito e media do serán na Biblioteca Municipal de Marín, intervirá Jon Iñarritu, deputado da coalición Amaiur, para falar sobre a situación sociolingüística do euskara.