Queremos Galego

Queremos Galego chama a ateigar as rúas de Compostela o vindeiro 17 de maio nunha nova manifestación “en favor da lingua que nos une”

A plataforma cidadá unitaria inicia unha campaña informativa previa que chegará a vilas e cidades de toda Galiza, ás comunidades da diáspora e ás redes sociais

“Son, co de hoxe, 117 días sen que a TVG cubra nin unha soa información ou acto sobre Queremos Galego ou A Mesa”, censurou Carlos Callón ante a ausencia da televisión pública na conferencia de imprensa desta mañá

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A plataforma unitaria Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística e da que fan parte case 700 entidades sociais de todo tipo, presentou formalmente esta mañá en conferencia de imprensa a convocatoria de manifestación nacional para o vindeiro 17 de maio, cuxo lema central será nesta ocasión “Paremos os ataques contra o galego“.  

Tal e como explicou Carlos Callón, presidente da Mesa e portavoz nacional da plataforma, “sobran os motivos” para mobilizarse e para “ateigar de novo” as rúas e prazas de Santiago de Compostela este vindeiro Día das Letras, precisamente cando se fan tres anos da primeira das multitudinarias manifestacións que se sucederon nos últimos anos contra a “política de desmantelamento da cooficialidade lingüística” e de “caza de bruxas contra o galego” emprendida polo goberno de Alberto Núñez Feijóo.

“Nestes tres anos non se produciu nin un só adianto para o galego”, indicou Callón, e pola contra “o que hai é un goberno da Xunta máis preocupado en atacar a lingua propia e destruír a súa oficialidade que en resolver os problemas da xente”.

Para a ampla plataforma unitaria impulsora das máis multitudinarias mobilizacións cidadás en defensa do galego o actual goberno autonómico ultrapasou xa “moitas, demasiadas liñas vermellas”. Unha das máis recentes, recorda a plataforma, é “cuestionar”, mediante a “censura” de textos escolares, “que o galego é a lingua propia de Galiza”. “Hai agresións moi graves que a inmensa maioría da sociedade galega ninn aproba nin está disposta a tolerar”, advertiu Carlos Callón.

A conferencia de imprensa celebrada esta mañá, que serviu para presentar o deseño dos materiais da campaña informativa previa que a plataforma levará de aquí ao 17 de maio por vilas e cidades de toda Galiza e tamén a través das redes sociais, mediante o hashtag #17Mqueremosgalego, valeu tamén para constatar, unha vez máis, a censura informativa que padecen as actividades e iniciativas de Queremos Galego ou da Mesa pola Normalización Lingüística por parte da TVG. Co de hoxe son xa 117 días os que a televisión pública galega leva sen cubrir ningunha das informacións ou comparecencias da plataforma cidadá.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis