Queremos Galego

Queremos Galego da Estrada denuncia a persecución do Concello contra a lingua de noso

A plataforma cidadá na zona de Tabeirós-Terra de Montes critica que o Concello da Estrada negase este ano toda colaboración económica co Correlingua.

Queremos Galego lamenta que o equipo de goberno local estradense estea máis atento “ás ordes dun partido político” que á “realidade social e lingüística” do municipio que gobernan.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A plataforma Queremos Galego da Estrada quere denunciar publicamente a decisión do Concello de non colaborar no Correlingua deste ano.

Trátase, ao noso entender, dunha decisión que pon de manifesto, unha vez máis, a persecución e criminalización que, desde as institucións gobernadas polo Partido Popular, se vén facendo da defensa da nosa lingua e da nosa cultura. Este intento por destruír os nosos sinais da identidade é cada vez máis evidente. Mesmo se ataca o máis básico, o que está recoñecido na lexislación e asumido polo conxunto da poboación: que o galego é a lingua propia de Galiza e o que nos identifica como galegas e galegos.

Neste sentido, é censurado o manifesto gañador, elaborado por slumnado de 4º da ESO do CPI de Pontecesures, que resulta non ser do “gusto”  do Partido Popular. Esta é a desculpa para censurar o Correlingua no noso Concello, negándolle a axuda que lle viña prestando nos últimos anos. Quizais os nosos representantes institucionais non se decatan de que o Correlingua é unha actividade lúdica e educativa, con 13 anos de historia, na que participan miles de rapaces de todo o país e de que o seu obxectivo non é outro que favorecer a reflexión entre a mocidade sobre a importancia que ten a defensa da nosa lingua.

É obvio que o Partido Popular ten un inexplicábel interese en acabar con todo o que nos identifica como galegas e galegos; aínda así, non podemos entender como os gobernantes do  Concello da Estrada, persoas que deberían coñecer a nosa realidade social, obedecen cegamente as ordes ditadas polos dirixentes do seu partido, negándolles aos rapaces e rapazas da Estrada e da nosa comarca a posibilidade de participaren nesta actividade lúdica, creativa e educativa.

Non é esta a primeira vez que o Concello da Estrada actúa deste xeito: podemos lembrar como, moi recentemente, rexeitaron homenaxear a Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento.  Desde Queremos Galego imos responder aos ataques, á censura e ao desprezo  que se practica en contra da nosa lingua e cultura.

Con este obxectivo e tamén en relación co Día das Letras,  temos prevista  a realización de varios actos, aínda por concretar definitivamente.  Será a partir da segunda semana do mes de abril e ao longo do mes de maio. Sobre todo isto manterémosvos informados.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang