A
Abade |
Do latín "abbas", superior dun convento. (castelán: Abad) |
Abeixón |
Do topónimo Abeixón. (castelán: Abeijón) |
Abuín |
Do topónimo Abuín. |
Adrio |
Semicultismo, da mesma orixe ca "adro". |
Afonso |
Nome xermánico moi común. Nun tempo lonxano puido transmitir a idea de alguén "preparado para o combate". (castelán: Alonso) |
álvarez |
Patronímico "fillo de Álvaro" |
Amenedo |
De "amenedo", lugar onde hai ameneiros. |
Amor |
Do topónimo Amor. |
Añón |
Probabelmente dalgún topónimo Añón. |
Anta |
Do topónimo Anta. |
Arxibai |
Probabelmente do topónimo Arxibai (posesión ou dominio de Argibadus). (castelán: Argibay) |