C
Cabaleiro |
Derivado de cabalo. Persoa montada a cabalo ou membro da orde da cabalaría. (castelán: Caballero) |
Calviño |
(castelán: Calvino) |
Camaño |
En galego medieval significaba "grande", así que pode proceder dun alcume. |
Camiño |
(castelán: Camino) |
Canal |
De "canal", parte máis fonda dunha masa de auga. |
Cancelo |
(castelán: Cancillo) |
Cao |
Significa "de cabelo branco", probábel orixe deste alcume. |
Cao |
(castelán: Cano) |
Carballo |
Fitónimo que, por alcume ou por vía de topónimo pasou a apelido. (castelán: Carbajo) |
Carreira |
(castelán: Carrera) |
Casares |
Do topónimo "casal". |
Castelo |
(castelán: Castillo) |
Castiñeira |
(castelán: Castiñera) |
Caxade |
Ten a súa orixe nun topónimo. (castelán: Cajade) |
Caxaraville |
Ten a súa orixe nun topónimo. (castelán: Cajaraville) |
Caxide |
Do topónimo Caxide, que posibelmente veña do nome dun señor chamado Cagitus ou Kagitus. (castelán: Cagide) |
Cernadas |
Do topónimo "Cernadas". |
Cerviño |
Probabelmente de "Zerbino", nome de persoa común na Italia medieval e que aparece no Decamerón. (castelán: Cervino) |
Cimadevila |
(castelán: Cimadevilla) |
Conde |
Probabelmente dun alcume que se usaba para gabar. |
Corvo |
(castelán: Cuervo) |
Costoia |
Ten a súa orixe nun topónimo. (castelán: Costoya) |
Couto |
Do topónimo "couto", propiedade ou algo que se acouta. (castelán: Coto) |
Cova |
(castelán: Cueva) |
Curros |
Do nome "curro", lugar onde se reúne gando ceibo. |