Caixa de apelidos

A · B · C · D · E · F · G · H · I · L · M · N · O · P · Q · R · S · T · U · V · X · Z ·

R

Ramírez

De orixe patronímica, "fillo de Ranimirus". (castelán: Ramírez)

Raxoi

Nome xermánico. (castelán: Rajoy)

Rega

(castelán: Riega)

Rego

(castelán: Riego)

Regueira

(castelán: Reguera)

Regueiro

(castelán: Reguero)

Reixa

(castelán: Reija, Reja)

Ribas

Do topónimo "Ribas", beira ou ou banda de terra que bordea un río, un lago ou o mar.

Ribeira

Do latín "ripa", que significa a encosta da conca dun río ou da costa do mar. (castelán: Ribera, Rivera)

Ribeiro

(castelán: Ribero, Rivero)

Rocha

Do substantivo "rocha".

Rodeiro

(castelán: Rodero)

Romai

Do topónimo "Romai", que provén do nome latino "romani". (castelán: Romay)

Romeu, Romeo

Probabelmente do alume que ben significase "peregrino" ou "aquel que arrecende á planta chamada romeu". (castelán: Romero)

Rosende

Do topónimo "Rosende", Probabelmente do nome persoal dun señor da terra chamado Rudesindi.

Rouco

Probabelmente veña do alcume que remite ao adectivo "rouco", que vén do latín "raucu".

Roxo

Do nome común "roxo", cor entre a castaña clara e a amarela. (castelán: Rojo)




Últimas noticias

Noticias

App A Liña do Galego

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en […]

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

A Mesa denuncia que goberno español e Xunta dan as costas ás recomendacións do Consello de Europa

A entidade de defensa da lingua recorda nun informe solicitado polas autoridades europeas que o Estado sigue incumprindo os seus compromisos con respecto ás linguas minorizadas e desminte varios aspectos do documento no que o ministerio de política territorial avala a política lingüísitica no ensino da Xunta O Consello de Europa solicitou á Mesa pola […]

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

A comunidade educativa pídelle ao PP que levante o veto á lingua e que dialogue sobre a normalización do galego no ensino

A comunidade educativa lamentou esta mañá nunha rolda de prensa conxunta no Parlamento de Galiza que o Partido Popular vetase a súa participación no debate sobre a normalización do galego do ensino, pedíndolle ao PPdG que “levante o veto á lingua” e que “dialogue sobre a normalización do galego no ensino”.

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

A Mesa e outras entidades de defensa das linguas do Estado difunden un vídeo para “pór o Congreso contra a discriminación lingüística”

O audiovisual, que se pode ver nas linguas propias oficiais (galego, catalán e éuscaro) e nas que aspiran a este recoñecemento (asturleonés e aragonés), resume o contido da PNL que presentaron BNG, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid, Compromís e Podemos no Congreso dos Deputados Compostela, 18 de febreiro de 2021.

Ler máis
Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis