Caixa de apelidos

A · B · C · D · E · F · G · H · I · L · M · N · O · P · Q · R · S · T · U · V · X · Z ·

S

Salgado

Do alcume que nace de "salgar" (persoa dotada de graza, viveza…). (castelán: Salado)

Salgueiro

Do topónimo "Salgueiro", que ten orixe fitonímica, isto é, referida ao vexetal. (castelán: Salguero)

Sánchez

De orixe patronímica, "fillo de Sancho". (castelán: Sánchez)

Sande

Do topónimo "Sande".

Santalla

Do nome da santa. (castelán: Santaeulalia)

Santamariña

Do nome da santa. (castelán: Santamarina)

Santomé

Do nome do santo. (castelán: Santomás)

Sanxiao

Do nome do santo. (castelán: Sanjulián)

Sanxurxo

Do nome do santo. (castelán: Sanjorge)

Sardiña

Dun alcume formado con nome de animal. (castelán: Sardina)

Sarmento

Dun alcume que remite a sarmento "ramallo da viña, especialmente cando é podado" e pode referirse a alguén magro e retorto. (castelán: Sarmiento)

Seco

Dun alcume que se refire a características corporais ou morais (antónimo de "mollado", pero tamén "sen humor") (castelán: Seco)

Seivane

Procede do nome do Santo (San Johanne). (castelán: Sanjuan)

Seixas

(castelán: Seijas)

Seixo

(castelán: Seijo)

Senra

Do topónimo Senra (agra de cerais, barbeito, roza).

Seoane

Procede do nome do Santo (San Johanne). (castelán: Sanjuan)

Serén

Do topónimo Serén.

Silva

Ben do topónimo Silva ou ben do alucume (alguén de trato espiñento ou non amigábel ao que llo puideron pór).

Sixirei

De carácter toponímico. A evolución probábel é a partir de Villa Segeredi > Sigirei > Sixirei. (castelán: Gigirey)

Sobriño

Apelido derivado do nome de parentesco. (castelán: Sobrino)

Sousa

(castelán: Sosa)

Soutelo

Diminutivo de "souto", conxunto de árbores froiteiras e especialmente de castiñeiros. (castelán: Sotillo, Soutillo, Sotiello, Sotelo)

Souto

Do latín vulgar "saltu", que significaba "panasco, pasto de montaña, pasto entre árbores". (castelán: Soto)

Sueiro

Do nome Sueiro (en latín medieval Suario), nome frecuentísimo na Galicia dos séculos X-XII. (castelán: Suero)




Últimas noticias

Noticias

App A Liña do Galego

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en […]

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

A Mesa denuncia que goberno español e Xunta dan as costas ás recomendacións do Consello de Europa

A entidade de defensa da lingua recorda nun informe solicitado polas autoridades europeas que o Estado sigue incumprindo os seus compromisos con respecto ás linguas minorizadas e desminte varios aspectos do documento no que o ministerio de política territorial avala a política lingüísitica no ensino da Xunta O Consello de Europa solicitou á Mesa pola […]

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

A comunidade educativa pídelle ao PP que levante o veto á lingua e que dialogue sobre a normalización do galego no ensino

A comunidade educativa lamentou esta mañá nunha rolda de prensa conxunta no Parlamento de Galiza que o Partido Popular vetase a súa participación no debate sobre a normalización do galego do ensino, pedíndolle ao PPdG que “levante o veto á lingua” e que “dialogue sobre a normalización do galego no ensino”.

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

A Mesa e outras entidades de defensa das linguas do Estado difunden un vídeo para “pór o Congreso contra a discriminación lingüística”

O audiovisual, que se pode ver nas linguas propias oficiais (galego, catalán e éuscaro) e nas que aspiran a este recoñecemento (asturleonés e aragonés), resume o contido da PNL que presentaron BNG, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid, Compromís e Podemos no Congreso dos Deputados Compostela, 18 de febreiro de 2021.

Ler máis
Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis