R
Rafael
Hebreo: Deus nos garde. (castelán: Rafael)
Rafaela
Hebreo: Deus nos garde. (castelán: Rafaela)
Raimunda, Reimunda
Xermánico: Divina protección. (castelán: Raimunda)
Raimunde, Reimunde
Xermánico: Divina protección. (castelán: Raimundo)
Raimundo
Xermánico: Conselleiro, protector. (castelán: Raimundo)
Rainerio
Xermánico: Conselleiro do pobo. (castelán: Rainerio)
Ramiro
Xermánico: Ilustre, famoso, de fama clara. (castelán: Ramiro)
Ramón
Xermánico: Conselleiro, protector, ilustre, famoso. (castelán: Ramón)
Ramona
Xermánico: A que protexe polo consello, famosa. (castelán: Ramona)
Raquel
Hebreo: Ovella, gando. (castelán: Raquel)
Raúl
Xermánico: Astuto consello de lobo vitorioso. (castelán: Raúl)
Raziel
Hebreo: O meu segredo é Deus.
Rebeca
Hebreo: Corda, ligamento. (castelán: Rebeca)
Reinaldo, Rexinaldo
Xermánico: Que goberna polo consello, que goberna potentemente. (castelán: Reinaldo)
Reis
Latín: Reis. (castelán: Reyes)
Remedios
Latín: Menciña, remedio. (castelán: Remedio)
Remixio
Latín: Remedio, menciña. (castelán: Remigio)
Renata
Latín: Nacida para unha nova vida. (castelán: Renata)
Renato
Latín: Nacido para unha nova vida. (castelán: Renato)
Restituta
Latín: Restituída á fe, á salvación. (castelán: Restituta)
Restituto
Latín: Restituído á fe, á salvación. (castelán: Restituto)
Reveriano
Latín: Que é respectuoso, reverente. (castelán: Reveriano, Raveriano)
Rexina
Latín: Raíña. (castelán: Regina)
Rexinaldo
Xermánico: Caudillo que aconsella. (castelán: Ver Reinaldo)
Ricardo
Xermánico: Rico e poderoso. (castelán: Ricardo)
Rita
Latín: Aférese de Margarida, perla, flor. (castelán: Rita)
Roberto
Xermánico: Ilustre pola súa fama, glorioso e famoso. (castelán: Roberto)
Robustiana
Latín: Moi forte, fortísima. (castelán: Robustiana)
Robustiano
Latín: Moi forte. (castelán: Robustiano)
Roca
Latín: Rocha, pedra.
Rodolfo
Xermánico: Glorioso lobo, famoso lobo. (castelán: Rodolfo)
Rodrigo
Xermánico: Rico en gloria, príncipe glorioso. (castelán: Rodrigo)
Roi
Xermánico: Rico en gloria. (castelán: Rodrigo)
Rolando
Xermánico: Que ten fama de ousado. (castelán: Ver Roldán)
Roldán, Rolán, Rolando
Xermánico: De terra gloriosa. (castelán: Roldán, Rolando)
Román
Latín: Natural de Roma. (castelán: Román)
Romano
Latín: Natural de Roma. (castelán: Ver Román)
Romeo
Grego: Romano, habitante de Roma, peregrino. (castelán: Romeo)
Romualdo
Xermánico: Totalmente glorioso, que manda gloriosamente. (castelán: Romualdo)
Roque
Xermánico: Aturuxo de guerra //Latín: Coma unha rocha. (castelán: Roque)
Rosa
Latín: Rosa, flor. (castelán: Rosa)
Rosalía
Latín: Derivado de rosa. (castelán: Rosalía)
Rosalinda
Latín: Rosa fermosa, bela //Xermánico: Escudo da fama. (castelán: Rosalinda)
Rosamunda
Xermánico: A que protexe pola súa fama. (castelán: Rosamunda)
Rosario
Latín: Derivado de rosa, xardín de rosas. (castelán: Rosario)
Rosaura
Latín: Rosa de ouro. (castelán: Rosaura)
Rosenda
Xermánico: O camiño da fama, da gloria. (castelán: Rosenda)
Rosendo
Xermánico: Que vai camiño da fama. (castelán: Rosendo)
Roxana
Persa: Brillante. (castelán: Roxana)
Roxelia, Roxeria
Xermánico: Vitoriosa, esperta, gloriosa pola súa lanza. (castelán: Rogelia, Rogeria)
Roxelio, Roxer, Roxerio
Xermánico: Vitorioso e esperto, lanza gloriosa. (castelán: Rogelio, Rogerio)
Rubén
Hebreo: Deus viu a miña aflición. (castelán: Rubén)
Rufa
Latín: De pelo roxo. (castelán: Rufa)
Rufina
Latín: Pertencente á familia Rufa, de pelo roxo. (castelán: Rufina)
Rufino
Latín: Pertencente á familia Rufa, roxo, de pelo roxo. (castelán: Rufino)
Rufo
Latín: Roxo, de pelo roxo. (castelán: Rufo)
Ruperta
Xermánico: Gloriosa. (castelán: Ruperta)
Ruperto
Xermánico: Glorioso. (castelán: Ruperto)
Rute, Ruth
Hebreo: Amizade, compaña, beleza. (castelán: Rut, Ruth)