Unha guía imperfecta ofrece unha proposta práctica para axentes culturais que traballan en proxectos internacionais e queren promover prácticas de xestión respectuosas coas linguas minorizadas. Este libro fíxose a raíz do proxecto Tosta, un proxecto que reivindica a diversidade lingüística desde o punto de vista das linguas minorizadas, concretamente do galego, o vasco, o galés, o frisio, irlandés, gaélico escocés e córnico.