#AMesa

Noticias Noticias da Mesa

A Mesa súmase á UNESCO no Día internacional da lingua propia reclamando liberdade para o galego e a fin dos límites ao seu uso

A Mesa pola Normalización Lingüística súmase un ano máis á iniciativa da UNESCO, que mañá venres, día 21 de febreiro, celebra o Día Internacional da lingua materna ou da lingua propia para reclamar garantías para a diversidade lingüística fortalecendo a protección, promoción e preservación de todos os idiomas, nomeadamente aqueles que están ameazados.

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

Reclamamos no Congreso dos Deputados “compromisos concretos” coa defensa dos dereitos lingüísticos de toda a cidadanía

Esta mañá reunímonos, xunto con outras que traballan pola normalización de linguas minorizadas, coa presidenta do Congreso dos Deputados, Meritxel Batet, e mais con representantes de PSOE, Unidas Podemos, BNG, EHBildu, ERC, JxC, CUP, Compromís, EAJ-PNV e Más Madrid Madrid, 11 de febreiro de 2020.

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

A Mesa e o grupo de lingua do estudantado de Medicina preséntanlle ao Presidente do Parlamento a campaña Falar galego é saudábel

As entidades inciden no uso do galego entre persoal sanitario e doentes como boa práctica que evita erros de comprensión e favorece a precisión: “O que é bo para as e os doentes é bo para o persoal sanitario” Esta mañá presentámoslle, xunto co Grupo de Normalización do estudantado de Medicina, a campaña Falar galego […]

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

O Ministerio para a Transición Ecolóxica prioriza o desprezo polo galego ao aforro enerxético

O Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía do goberno español exíxelle ao Concello de San Xoán de Río (en Ourense) que traduza ao castelán a documentación presentada para optar a unha subvención, tal e como xa fixera o 2016 con Teo, Compostela e Santa Comba A entidade en defensa da lingua denunciará […]

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis