Representantes da xestora da plataforma cidadá Queremos Galego, da que forman parte máis de 500 entidades sociais e culturais do país, anunciaron esta mañá unha concentración na praza do Obradoiro o vindeiro 17 de maio ao mediodía.
coronavirus

As entidades polas linguas do Estado exixen ao goberno que implemente a PNL aprobada no Congreso e asuma as recomendacións de obrigado cumprimento do Consello de Europa
Representantes de A Mesa pola Normalización Lingüística (Galiza), Kontseilua (Euskal Herria), Ciemen e Plataforma per a Llengua (Cataluña), Escola Valenciana e Acción Cultural de o País Valencia (País Valenciá) e Iniciativa pel Asturianu (Asturias) valoraron esta mañá en rolda de prensa a aprobación no Congreso de parte do manifesto Liberdade, igualdade, democracia Compostela, 8 de […]

Entregamos no Parlamento máis de 33000 sinaturas en apoio da iniciativa Xabarín para mellorar a programación infantil e xuvenil en galego
Esta mañá, entregamos no Parlamento de Galiza máis de 33000 sinaturas en apoio da Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular para instar ao goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con […]

Instamos a Xunta e Estado a dialogar sobre o galego e a acatar as recomendacións de obrigado cumprimento do Consello de Europa
O Consello de Europa vén de facer público o informe de avaliación a medio termo do 5º ciclo de avaliación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas elaborado polo Comité de expertos deste tratado internacional, onde se constatan de novo os incumprimentos respecto ao galego.

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA E DE AX ORDINARIA
Asemblea xeral extraordinaria Informamos da convocatoria de Asemblea xeral extraordinaria da Mesa pola Normalización Lingüística para o sábado 24 de abril de 2021 ás 10h.

A Mesa considera “un pequeno paso cara á igualdade” a aprobación no Congreso español de parte da PNL para garantir o uso da lingua propia a toda a cidadanía
O Congreso español aprobou esta mañá parte da Proposición non de lei (PNL) rexistrada por BNG, Compromís, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP, Más Madrid e Podemos recollendo parte do manifesto Liberdade, igualdade, democracia presentado polas entidades sociais polas linguas Compostela, 11 de marzo de 2021.

Denunciamos que goberno español e Xunta dan as costas ás recomendacións do Consello de Europa
A entidade de defensa da lingua recorda nun informe solicitado polas autoridades europeas que o Estado sigue incumprindo os seus compromisos con respecto ás linguas minorizadas e desminte varios aspectos do documento no que o ministerio de política territorial avala a política lingüísitica no ensino da Xunta O Consello de Europa solicitou á Mesa pola […]

A comunidade educativa pídelle ao PP que levante o veto á lingua e que dialogue sobre a normalización do galego no ensino
A comunidade educativa lamentou esta mañá nunha rolda de prensa conxunta no Parlamento de Galiza que o Partido Popular vetase a súa participación no debate sobre a normalización do galego do ensino, pedíndolle ao PPdG que “levante o veto á lingua” e que “dialogue sobre a normalización do galego no ensino”.

O PP veta a comparecencia do presidente da Mesa no parlamento galego para defender a normalización do galego no ensino
O Partido Popular vén de vetar a comparecencia do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, no Parlamento galego, en representación dos colectivos da comunidade educativa que elaboraron a Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza.