A Mesa pola Normalización Lingüística súmase á dor de familiares e amigos pola perda de Xosé Manuel Millán Otero, socio da Mesa e incansábel defensor da nosa lingua. O profesor, escritor, poeta, activista e político faleceu esta quinta feira, 29 de outubro. XM millán Otero (32 kB)
Lingua galega

A Mesa participa no comité directivo virtual de ELEN sobre o efecto da Covid19 nas linguas minorizadas
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, participou esta fin de semana no comité directivo virtual organizado pola Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN) co obxectivo de debater o efecto da Covid19 nas linguas europeas.

Comeza a recollida de sinaturas para a iniciativa parlamentaria popular “Xabarín”
Máis de 250 establecementos de todas as comarcas da Galiza colaboran coa Mesa pola Normalización Lingüística na recollida física de sinaturas para a iniciativa parlamentaria que pretende mellorar a programación infantil e xuvenil en galego Compostela, 19 de outubro de 2020.

Pedímoslle á RAG que lle ofreza a Carvalho Calero “unha homenaxe completa, non restrinxida” o 17 de maio de 2021
Recordámoslle á entidade responsábel da elección do adicatorio que a crise provocada pola Covid-19 limitou a planificación da actividade do asociacionismo cultural galego este 2020 e que mesmo actos previstos por institucións culturais para este mes foron finalmente anulados polas restricións sanitarias Compostela, 15 de outubro de 2020.

Filmesturas, mostra de curtametraxes en linguas minorizadas na Coruña
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, participará no coloquio adicado ao audivisual infantil e xuvenil o vernres 9 a partir das 19:00h FilMesturas é un certame de pezas audiovisuais de corta duración que se desenvolverá entre o venres 9 e o luns 12 en varios concellos da comarca coruñesa, coa particularidade de seren todas, […]

Protesta contra a deturpación do nome da Toxa
O grupo da Mesa pola Normalización Lingüística de Pontevedra – O Salnés celebrou esta tarde na entrada da ponte da illa unha concentración de repulsa pola deturpación do topónimo da Toxa, trala celebración dun Foro que fai desta agresión á lingua galega o seu sinal de identidade.

Os sectores cultural e educativo arroupan a presentación da iniciativa popular Xabarín para mellorar a programación infantil e xuvenil en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística pon en marcha dun grupo impulsor da IP no que están representadas as principais asociacións profesionais da cultura galega, artistas de referencia para o público infantil e xuvenil, empresas da industria editorial, musical e das artes escénicas, colectivos sociais e organizacións do ensino Compostela, 30 de setembro de 2020.

CARTA AOS ASINANTES DA CAMPAÑA POLA CANLE XABARÍN NA TVG
Desde a Mesa pola Normalización Lingüística queremos agradecer os apoios á campaña por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG.

A Mesa anuncia unha proposta parlamentaria popular pedindo unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG
A entidade dá o paso despois de que a solicitude dunha canle e unha App que emitan continuadamente contidos atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega acadase na rede preto de 8000 sinaturas Compostela, 17 de setembro de 2020.