Para celebrar o 24 de Febreiro sumámonos á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores de Lingua Galega de festexar o Día de Rosalía co agasallo dun libro en galego e unha flor.
xuízo

Ugia Pedreira presenta A comuna del barruzo, un libro disco para crianzas en galego de Asturias
Coa colaboración de Pierrot Rougier e mais de Rosa Cedrón, Quim Farinha, Chus Diaz e Marina Oural.

Convocatoria asemblea xeral da Mesa 2019
A asemblea xeral de socias e socios da Mesa pola Normalización Lingüística terá lugar o sábado 23 de febreiro ás 10:30 h en primeira convocatoria, 11:00 h en segunda, na Nave de Vidán, Av.

Sae do prelo o segundo número da revista de banda deseñada A viñeta de Schrödinger
A segunda entrega da revista de BD que coeditan A Mesa pola Normalización Lingüística e a AS-PG chega ás librarías e aos fogares das persoas subscritas Compostela, 11 de febreiro de 2019.

A Mesa tramitou máis de 300 queixas da cidadanía galega por discriminacións e vulneracións de dereitos lingüísticos
Case a metade das reclamacións (o 46%) refírense á administración pública, destacando entre elas as dirixidas aos concellos (36%), ao Servizo Galego de Saúde (12%) e á propia Xunta de Galiza (33%) “É alarmante que quen ten obriga de garantir o respecto dos dereitos lingüísticos da cidadanía encabece a lista de queixas, sendo non só […]

A Mesa reclámalle á Xunta que atenda o informe preliminar da ONU sobre as vulneracións dos dereitos lingüísticos en Galiza
A entidade reitéralle, unha vez máis, a Alberto Núñez Feixó a súa disposición a colaborar e a “estudar conxuntamente a modificación de todo o preciso para avanzarmos, incluíndo a esixencia ao goberno central de respecto pola diversidade lingüística naqueles aspectos que non son competencia autonómica” Compostela, 29 de xaneiro de 2019.

A ONU recolle as vulneracións dos dereitos lingüísticos en Galiza
A mobilización social consegue que o Relator especial para as minorías do Alto Comisionado da ONU para os Dereitos Humanos visite Galiza, onde se reuniu con representantes da Mesa De Varennes salienta no seu informe preliminar que “as minorías lingüísticas teñen dereito a usar o seu idioma nas súas interaccións coas autoridades e institucións estatais, […]

Lotaría de Nadal: 0759 número de serie premiado no sorteo da Mesa
Esta mañá realizouse no local da Mesa o sorteo dunha noite para dúas persoas na Budiño de Serraseca Turismo Rural entre todos aqueles que nos axudastes mercando participacións da Lotaría de Nadal da nosa asociación.

Felices Festas!
Desde a Mesa pola Normalización Lingüística queremos enviarvos os mellores desexos e que desfrutedes dun bo Nadal e dunhas felices festas.