O abecedario

O abecedario, as 23 letras do abecedario galego acompañadas dunha ilustración de Óscar Villán, é para aprender,  para ver, imaxinar ou inventar.

 

O abecedario

Ilustracións de Óscar Villán

28 páxinas

16×16

ISBN: 978-84-606-7019-3

PVP: 9 €

Desconto para socias/os: 20%

7’20€

Desconto para non socias/os: 5%

8’55€

Idade recomendada de 2 a 6 anos

Con este título comezamos un proxecto didáctico destinado á educación infantil.

O abecedario, as 23 letras do abecedario galego acompañadas dunha ilustración de Óscar Villán, é para aprender mais tamén para admirar as ilustración, para ver, imaxinar ou inventar.

Este libro ten como obxectivos incrementar o uso do galego na educación infantil, proporcionar materiais en galego para nenas/os de 0 a 6 anos, potenciar o uso de vocabulario en galego, recoñecer as letras e aprender o abecedario galego.

Actividario (actividades do abecedario)

Páxinas para apoiar a lectoescritura e grafomotricidade.  Para podermos colorear os debuxos de Óscar Villán do libro de O abecedario e tamén cada letra en maiúscula e minúscula. Ademais as palabras do noso abecedario co percorrido en trazos punteados para aprender a escribir. Actividario (o abecedario)

Para O abecedario, A Mesa propón un conxunto de actividades didácticas para nais, pais, educadoras/es, profesorado e bibliotecarias/os. Proposta didáctica O abecedario

Nesta ligazón podedes ver máis:

http://issuu.com/amesapolanormalizacionlinguistica/docs/abecedario_web

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra