Situaçom presente e orientaçom futura dos problemas gerais da nossa língua

3,00 

En stock

Descrición

Carvalho Calero foi autor de poesía, narrativa, teatro e ensaio. Formou parte do Seminario de Estudos Galegos e foi, ademais, o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela e da historia de Galiza. En 1963 publicou a Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936 e no 1966, a Gramática elemental del gallego común, obras canónicas imprescindíbeis para a textualización da nosa cultura. Desde mediados da década dos 70, defendeu publicamente unha aproximación á lingua portuguesa na liña de Murguía, fundador e primeiro presidente da RAG, e doutros moitos intelectuais.

O 20 de abril de 1986 pechou o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística que frutificou na creación da Mesa pola Normalización Lingüistica, coa conferencia titulada Situaçom presente e orientaçom futura dos problemas gerais da nossa língua.

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis